Aínda se pode participar no concurso de deseño de camisetas da Feira do Viño de Quiroga

RibeiraSacraXa
O Concello de Quiroga mantén aberto o prazo para que as persoas interesadas poidan participar no concurso de deseño de camisetas da XLIIII Feira do Viño de Quiroga.
Feira do Viño de Quiroga
27 Mar 2024

O Concello de Quiroga mantén aberto o prazo para que as persoas interesadas poidan participar no concurso de deseño de camisetas da XLIIII Feira do Viño de Quiroga.

Desta maneira, poderán participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de 4 integrantes ata o vindeiro 29 de marzo, apuntándose na Casa da Cultura, e o 30 de marzo no recinto da feira.

A temática reflexada no deseño e o lema das camisetas estarán relacionadas coa Feira do Viño e non serán admitidas a concurso camisetas que denigren persoas, grupos ou colectivos.

O xurado será a persoa que pronuncie o pregón, pero antes unha persoa representante do grupo deberá expoñer a camiseta en público para poder optar ao premio, que será de 100 euros.

0.15003108978271