Aínda está aberto o prazo para participar nas clases de ximnasia e pilates da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas en desfrutar destas actividades poderán apuntarse ata o venres 30 de agosto na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais
clases-de-ximnasia-deporte-A-Pobra-do-Brollón
29 Aug 2024

Abriu o prazo de matrícula no Concello da Pobra do Brollón para o curso 2024-25 de ximnasia e pilates.

Concretamente, as clases de ximnasia serán para adultos e desenvolveranse a partir do 3 de setembro no pavillón municipal os martes e xoves en dous grupos: de 19.00 a 20.00 horas ou de 20.00 a 21.00 horas. Terá un custo de 20 euros ao mes.

Pola súa parte, as clases de pilates tamén serán para adultos e comezarán o 5 de novembro, sendo o seu lugar de desenvolvemento o pavillón municipal. Neste caso, o horario será os xoves de 18.00 a 19.00 horas e cun prezo mensual de 15 euros.

As persoas interesadas en desfrutar destas actividades poderán apuntarse ata o venres 30 de agosto na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais.

0.16471695899963