Abren as matriculacións no Punto de Atención á Infancia de Bóveda

O Concello de Bóveda abre o prazo de matriculación no Punto de Atención á Infancia (PAI) do municipio.
Así, desde este 16 de abril e ata o vindeiro día 30, ambos os días incluídos, as persoas que queiran matricular os seus fillos neste servizo poderán facelo.
Terán que facelo a través da presentación da documentación requirida na folla de inscrición nas dependencias municipais.