Aberto o prazo para participar cun posto na XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de abrir o prazo para participar cun posto de alimentación, artesanía ou comercio na XXII Feira Outrora de Rubián, que se celebrará o vindeiro 14 de xullo.
O período para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o 13 de xuño. As persoas interesadas poderán tramitar a inscrición a través da sede electrónica, por correo electrónico, de maneira presencial no rexistro ou mediante calquera das fórmulas previstas no procedemento administrativo.
Segundo informou a organización, tamén están xa dispoñibles as bases que regulan o proceso de participación, así como o impreso necesario para formalizar a solicitude.
Para máis información, habilitouse o teléfono 982 426 006, extensión 5.