Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026 da Pobra do Brollón

O Concello da A Pobra do Brollón porá en marcha este verán unha nova edición do seu campamento destinado a facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.
O Campamento de Verán 2026 desenvolverase entre o 22 de xuño e o 26 de agosto de 2026, en horario de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas, e está dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos. Terán prioridade as persoas empadroadas no municipio.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de xuño, e deberá realizarse nas oficinas de Servizos Sociais, situadas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ Casa da Cultura Olga Novo, na súa primeira planta.
Para máis información, o Concello habilita o teléfono 982 430 447, dispoñible nas oficinas de Servizos Sociais.