Abertas as inscricións para o Campamento de Verán 2026 de Carballedo

RibeiraSacraXa
Será do 1 ao 31 de xullo e está destinada a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos
campamento-veran-carballedo
11 Jun 2026

O Concello de Carballedo ten abertas as inscricións para unha nova edición do Campamento de Verán, unha proposta dirixida á infancia do municipio que se desenvolverá ao longo do mes de xullo.

A actividade terá lugar do 1 ao 31 de xullo e está destinada a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, que poderán participar nun programa centrado en xogos, deporte e actividades ao aire libre. As instalacións do pavillón e da piscina municipal serán os principais espazos onde se levarán a cabo as distintas propostas.

O horario establecido será de 09:00 a 14:00 horas, nun servizo que se ofrece de maneira gratuíta co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e ofrecer alternativas de lecer durante o período estival.

As inscricións deben formalizarse no propio Concello de Carballedo e permanecerán abertas ata o 26 de xuño.

Desde a organización municipal destacan que se trata dunha iniciativa pensada para favorecer a convivencia, a aprendizaxe e o desfrute do verán nun contorno seguro e adaptado ás idades dos participantes.

0.12193608283997