A xuntanza promovida pola Asociación de Veciños de Parteme de Quiroga foi todo un éxito

RibeiraSacraXa
A xuntanza promovida pola Asociación de Veciños de Parteme de Quiroga foi todo un éxito e participaron nela 85 persoas
Xuntanza veciños Parteme (1)
Xuntanza veciños Parteme (1)
25 Maio 2023

Arredor de 85 persoas participaron na xuntanza aberta que promoveu a Asociación de Veciños de Parteme, en Quiroga, o pasado sábado; para axudar aos veciños para poñer en valor o rural da parroquia.

Desde o colectivo social din estar "moi contentos por toda a axuda recibida" por todas as persoas que se achegaron a facer traballos de mantemento e limpeza no núcleo rural con limpeza de rúas, desbroce de camiños, recollida de lixo e mellora da antiga casa escola. "Fíxose moito traballo en moi pouco tempo pola cantidade de xente que había".

Así, destacan a participación de veciños, pero tamén de membros do BNG, do PSOE e de Independentes de Quiroga, así como da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti, concretamente Jesús Vázquez e Luis, que contribuíron economicamente e puideron coñecer outras asociacións veciñais que participaron da xuntanza para que se apuntaran á Federación, en concreto a da parroquia de Vilaster, de Margaride e de Ferreira de Pantón.

"Saíu todo perfecto, a xente estaba moi contenta e non houbo ningún problema. Ademais, a comida que trouxemos foi abundante, así que durante a comida estivemos todos xenial e houbo moitas risas e moita charangada", explica Santiago Morillo. "Houbo moi bo rollo entre todos e a intención é repetir este tipo de experiencias, así como estamos abertos a participar de iniciativas como estas promovidas por outras asociacións veciñais", explica.

Con respecto ás persoas que non participaron, do PP de Quiroga non apareceu ninguén na xuntanza, a pesar de ser invitados igual que as demais forzas políticas, como tampouco participaron desde a Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, pero si que contestaron e apoiaron esta iniciativa, a pesar de non poder estar.

0.18948817253113