A Xunta apoia o desenvolvemento do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra de Taboada

RibeiraSacraXa
A Xunta apoia o desenvolvemento do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra de Taboada que terá lugar en xuño
Xunta e Asociación Comerciantes Taboada
5 Abr 2023

O Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada coa colaboración do Concello de Taboada, terá o apoio da Xunta de Galicia.

O programa incluirá actividades divulgativas, culturais e lúdicas coa finalidade de difundir a cultura do viño prestando especial atención ás xentes que viviron en primeira persoa o proceso de transformación da Ribeira Sacra.

O evento, que terá lugar no mes de xuño, presentouse nun acto na Xunta de Galicia no que participaron a presidenta da agrupación empresarial, Tamara Castro, e o alcalde de Taboada, Ramiro Moure.

0.18346786499023