A Xunta amplía ata os 203.500 euros as axudas para compensar os danos causados polo oso pardo nas explotacións gandeiras

GaliciaXa | LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
A Administración autonómica indica que as peticións serán atendidas seguindo a súa orde de presentación, co obxectivo de ampliar o número de explotacións beneficiarias
oso-pardo
18 Nov 2026

A Consellería de Medio Ambiente incrementará en 68.500 euros a dotación inicial da liña de axudas destinada ás explotacións gandeiras afectadas polos danos ocasionados polo oso pardo. Deste xeito, o orzamento total da convocatoria para 2026 pasa dos 135.000 aos 203.500 euros.

A ampliación recóllese nunha resolución publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG), asinada polo conselleiro de Medio Ambiente, Nicolás Vázquez.

Segundo establece a resolución, a normativa permite incrementar o crédito dunha convocatoria mediante unha transferencia orzamentaria, sen necesidade de publicar unha nova convocatoria nin abrir outro prazo de presentación de solicitudes.

A Xunta xustifica este aumento pola necesidade de atender parte das solicitudes recibidas que quedaron sen cobertura económica coa dotación inicial, debido ao incremento dos danos ocasionados polo oso pardo.

A Administración autonómica indica que as peticións serán atendidas seguindo a súa orde de presentación, co obxectivo de ampliar o número de explotacións gandeiras que poidan beneficiarse destas compensacións polos prexuízos sufridos.

0.25479507446289