A VI edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte foi todo un éxito

RibeiraSacraXa
O Equipo de Goberno e o Consello Regulador xa traballan para que a 7ª edición en 2025 volva ser todo un éxito
Festival-do-Viño-da-Ribeira-Sacra-Monforte
Festival-do-Viño-da-Ribeira-Sacra-Monforte
8 Xul 2024

A VI edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte foi todo un éxito pola cantidade de participación nas diferentes actividades desenvolvidas polo Goberno local, presidido polo alcalde, José Tomé.

Neste senso, o alcalde de Monforte cualificou a edición de 2024 como a mellor das celebradas ata a data, e para elo resaltou “a asistencia masiva de público con moita xente de fora de Monforte e de fora de Galicia, a satisfacción dos adegueiros que aumentaron de forma exponencial as ventas este ano, e a satisfacción tamén dos stands gastronómicos, que tal e como me transmitiron están realmente satisfeitos das ventas acadadas”.

Os concertos celebrados durante o Festival “todos eles de moita calidade musical e artística, e que se desenvolveron no propio recinto do Festival, congregaron a numeroso público que contribuíu a que a xente permanecera máis tempo no entorno do Malecón, e polo tanto, dentro do ambiente do Festival do Viño”, indicou o rexedor.

Tamén considera un éxito o aumento da hora de peche, que se modificou este ano por primeira vez e que foi clasificado tanto polos adegueiros como polos visitantes, dunha decisión moi beneficiosa e positiva que permite desfrutar do Festival, ata o último momento. Unha das actividades de máis éxito do Festival foron as catas de iniciación que se levan a cabo dentro do propio recinto, debido a que, explicou Tomé, “a demanda superou con creces á oferta que tiñamos prevista, o que nos leva a pensar que é unha das actividades ás que temos que darlle unha maior dimensión”.

A terceira das xornadas estivo protagonizada polo obradoiro sensorial 'Descobre… Suelos Ribeira Sacra: Pizarra vs. Granito' a cargo de David Pascual, enólogo e presidente da Asociación Galega de Enólogos e pola masterclass 'Terriña: suelo, clima, variedades e elaboración na Ribeira Sacra', que tivo todas as prazas cubertas.

Ademais, tamén tivo lugar o obradoiro de Alfarería Tradicional de la Ribeira Sacra - Figulus, e pola tarde houbo un showcooking a cargo de Velaísca Animación, ambas actividades dirixidas a nenos e nenas.

O Equipo de Goberno e o Consello Regulador xa traballan para que a 7ª edición en 2025 volva ser todo un éxito.

0.18674898147583