A veciñanza de Pantón poderá desfrutar de diferentes actividades durante este curso

RibeiraSacraXa
Organízanse diferentes cursos en diferentes horarios e diversos espazos para dar cabida a unha ampla programación de actividades
obradoiro-scrap-Pantón
1 Out 2024

Desde o Concello de Pantón promoven novas actividades para este novo curso 2024-2025 co fin de formar, ensinar e facer pasar tardes entretidas á veciñanza.

Desta maneira, o primeiro curso que se impartirña será este xoves, 3 de outubro, sobre Nutrición e Alimentación Consciente en horario de 16.00 a 21.00 horas no edificio sociocultural de Ferreira.

Pola súa parte, o 4 de outubro comezan as clases do Obradoiro de Costura Creativa e Patchwork, que consiste en clases de costura a máquinae a man desde cero que se impartirá os venres de 17.00 a 19.30 horas.

O día 7 tamén comezará Obradoiro de Scrapbooking para aprender a elaborar recordos creativos, que se desenvolverá os luns de 18.00 a 20.00 horas no edificio sociocultural.

Finalmente, tamén se convoca unha nova edición do obradoiro de Técnicas de Traballo Intelectual, que comezará o 23 de outubro e terá lugar os mércores de 17.30 a 19.00 horas na Casa da Cultura.

0.086587190628052