A veciñanza da Pobra do Brollón xa pode consumir a auga da billa e búscanse solucións a longo prazo

RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón anuncia que xa se pode consumir a auga da billa despois de que a semana pasada dixeran que había risco en case unha vintena de parroquias e lugares do municipio.
rio Lor Barxa de Lor
rio Lor Barxa de Lor
21 sep 2023

O Concello da Pobra do Brollón anuncia que xa se pode consumir a auga da billa despois de que a semana pasada dixeran que había risco en case unha vintena de parroquias e lugares do municipio. A día de hoxe, explican, o servizo de auga da zona de Barxa de Lor está completamente restablecido. Ademais, comentan que, ademais, na zona de Loureiro, as analíticas xa están dando os parámetros óptimos para a potabilidade.

O problema é consecuencia das chuvias torrenciais da semana pasada, que causaron arrastres do monte, deteriorado polos incendios do ano pasado e as talas de madeira, afectando aos ríos que abastecen á Pobra do Brollón de auga. Ao parar a intensidade das chuvias, remite o problema da auga.

Solucións a longo prazo

Dende o Concello, estase a traballar para buscar solucións a medio e longo prazoO vindeiro luns, dende a empresa Lincold Ibérica farán unha visita para analizar a rede de abastecemento e propoñer posibles melloras. ‘A rede do concello, que herdamos de gobernos anteriores, precisa melloras estruturais complexas e custosas. Esforzarémonos en facilitalas implicando a outras institucións para evitar na medida do posible que se reproduza esta situación, da que o Concello e a súa veciñanza somos vítimas,’ declara o rexedor da Pobra.

Ademais, no próximo pleno do Concello, o goberno guímaro vai propoñer unha redución na factura da auga municipal proporcional aos días que a veciñanza estivo sen o servizo. ‘É unha medida que estivemos valorando antes de que dende a oposición se reclamase en redes sociais, e agora realizados os trámites administrativos correspondentes, poderemos facela real,’ aclara Maceda.

0.19141292572021