A unidade móbil de doazón de sangue estará en Bóveda este mércores

O Concello de Bóveda acollerá unha nova xornada de doazón de sangue o mércores 13 de maio, dentro da campaña impulsada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
Para facilitar a participación da veciñanza, desprazarase unha unidade móbil que estará instalada en dous puntos do municipio ao longo da mañá. En primeiro lugar, situarase diante da casa consistorial en horario de 10:00 a 12:00 horas. Posteriormente, trasladarase xunto á farmacia de Rubián, onde atenderá doadores entre as 12:15 e as 14:00 horas.
A campaña lembra que poden doar sangue todas aquelas persoas maiores de 18 anos e cun peso superior aos 50 quilos.