A Tradescola leva a música tradicional ao CEIP Plurilingüe da Gándara cun novo concerto didáctico

RibeiraSacraXa
Durante o concerto, os escolares poderán coñecer distintos instrumentos, ritmos e melodías propias da música popular galega
tradescola-concerto-a-gandara
8 May 2026

A Tradescola celebra este venres 8 de maio unha nova actividade de promoción e difusión da música tradicional galega destinada ao alumnado do CEIP Plurilingüe da Gándara, no concello de Monforte de Lemos.

A xornada desenvolverase a partir das 11.00 horas e forma parte dun programa impulsado coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo, co obxectivo de achegar a música e a cultura tradicional galega á comunidade escolar dun xeito participativo e didáctico.

Durante o concerto, os escolares poderán coñecer distintos instrumentos, ritmos e melodías propias da música popular galega, a través dunha proposta pensada para divulgar o patrimonio musical tradicional entre os máis novos.

A actividade estará dirixida polos mestres da Tradescola Roberto Rodríguez, Bruno Villamor, Alberte Núñez, Lucía Eiros e Miguel Anxo López, encargados de conducir esta sesión musical e divulgativa.

0.10936713218689