A Torre da Homenaxe de Monforte iluminarase este domingo para conmemorar o Día Mundial da SIDA

RibeiraSacraXa
O Día Mundial da SIDA conmemórase este 1 de decembro baixo o lema “Sigamos o camiño dos Dereitos”
Dia-mundial-sida
29 Nov 2024

O Concello de Monforte iluminará este domingo 1 de decembro a Torre da Homenaxe de cor vermello con motivo do Día Mundial da SIDA. Un día na que xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.

Cada Día Mundial da Sida vira arredor dun tema diferente. Este ano o lema é “Sigamos o camiño dos Dereitos”, a través do que se reivindica que cos dereitos humanos no centro, coas comunidades á vangarda, o mundo pode acabar coa SIDA como ameaza para a saúde pública para 2030. Os avances substanciais que se fixeron na resposta ao VIH están directamente relacionados cos avances na protección dos dereitos humanos. Pola súa banda, os avances realizados a través da resposta ao VIH impulsaron un avance máis amplo na realización do dereito á saúde e no fortalecemento dos sistemas de saúde. Así, a OMS fai un chamamento aos líderes e cidadáns de todo o mundo para defender o dereito á saúde corrixindo as desigualdades que dificultan o avance cara a fin da SIDA.

Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo. Desde entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.

“O Día Mundial da Sida segue sendo tan importante hoxe como cando empezou, e continúa lembrando á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu”, sinala o alcalde. En 2024 estímase que hai no mundo 39,9 millóns de persoas con VIH, habéndose  infectado ese ano 1,3 millóns. Calcúlase que unhas 630.000 persoas morrerán por causas relacionadas co VIH en 2024.

A día de hoxe é fundamental aumentar o financiamento para a resposta á Sida. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta a vida das persoas, para que deste xeito podamos poñer fin ao estigma e a discriminación, e consigamos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH.

0.1580228805542