A Teixeira celebra o o 29 de agosto as Festas do San Ramón en Celeirós

RibeiraSacraXa
A programación incluirá un xantar popular, dous campionatos, actuacións da Charanga El Brexil, unha queimada e unha sesión de DJ
festa-celeiros-a-teixeira
24 Aug 2026

Celeirós, na Teixeira, celebrará o sábado 29 de agosto as Festas do San Ramón 2026 cunha programación que se desenvolverá ao longo de toda a xornada e que combinará música, actividades lúdicas, gastronomía e propostas para diferentes públicos.

As actividades comezarán ás 11.00 horas cun pasarrúas a cargo da banda “Os Trabazos”. Ás 12.30 horas terá lugar a misa solemne na Capela do San Ramón e, unha hora despois, ás 13.30 horas, a mesma formación será a encargada de poñer música á sesión vermú. Para continuar a festa, ás 14.30 horas celebrarase o xantar popular.

A programación da tarde continuará ás 17.00 horas co 2º Campionato de Tute por parellas. Ás 18.00 horas celebraranse o 2º Campionato do Xogo da Ra e o 1º Campionato de Dardos. A música volverá ser protagonista ás 20.00 horas coa actuación da Charanga El Brexil, que regresará ás 23.00 horas para ofrecer unha nova actuación.

Xa á medianoite terá lugar a Gran Queimada popular e, a partir das 00.30 horas, a festa continuará cunha sesión de DJ que se prolongará ata ben entrada a madrugada.

0.14105296134949