A taboadesa Amara Fontao presentou a serie 'Nosoutras' co gallo do 8M

RibeiraSacraXa

A serie de ficción e documental Nosoutras, deseñada pola taboadesa Amara Fontao e que foi proxectada na Casa da Cultura de Taboada con motivo do 8M, tivo unha gran acollida.

Nosoutras Taboada
Nosoutras Taboada
9 mar 2024

A serie de ficción e documental Nosoutras, deseñada pola taboadesa Amara Fontao e que foi proxectada na Casa da Cultura de Taboada con motivo do 8M, tivo unha gran acollida.

Nosoutras é o resultado da marxinalización das mulleres no mundo laboral e coa produción desta serie intentan mostralo ao mundo dende a comedia.

"As cifras do audivisual galego, na pel das mulleres, son devastadoras. Existe unha gran fenda salarial con moitos contratos temporais e a tempo parcial; os filmes dirixidos por mulleres teñen un 40 % menos de orzamento que o resto e, finalmente, unha porcentaxe moi ampla de mulleres dedicadas ao mundo audiovisual son vítimas de violencia de xénero", explican desde o Goberno local.

"En días coma hoxe é nos que debemos seguir loitando por inxustizas como as que nos comentou Amara e dende o Concello de Taboada hoxe reafirmamos o compromiso da administración pública na loita a favor dos dereitos das mulleres", conclúen.