A sociedade de Monforte volverá a saír á rúa este mércores para pedir o cesamento da violencia en Palestina
RibeiraSacraXa
A Asociación Mar de Lumes convoca unha nova concentración en Monforte de Lemos, concretamente na praza de España, este mércores, 10 de xaneiro, que tamén se celebrará noutras 20 localidades galegas.
9 Xan 2024
A Asociación Mar de Lumes convoca unha nova concentración en Monforte de Lemos, concretamente na praza de España, este mércores, 10 de xaneiro, que tamén se celebrará noutras 20 localidades galegas.
A motivación desta convocatoria non é outra que seguir protestando e condenar "o xenocidio perpetrado por Israel e en respaldo á resistencia palestina", explican desde o colectivo.
Así, o mércores lerase un manifesto no que destacarán que "se cumpren tres meses de persistente resistencia", polo que "instan ao cesamento inmediato da violencia, á retirada dos ocupantes e á enérxica persecución dos responsables e os seus cómplices".