A segunda edición da “Summer Begins Quiroga” xa ten datas de celebración

RibeiraSacraXa
Será o 24 de xullo no parque da Constitución cun cartel todavía por confirmar
summer-begins-quiroga-2026
20 May 2026

A Concellería de Xuventude do Concello de Quiroga impulsa a segunda edición da “Summer Begins Quiroga”, unha iniciativa dirixida á mocidade que naceu o pasado ano co obxectivo de poñer o broche final ao período de estudos e dar inicio á tempada estival.

O evento celebrarase o venres 24 de xullo no parque da Constitución, o mesmo espazo que xa acolleu a primeira edición desta proposta festiva.

Desde o departamento de Xuventude avanzan que nos próximos días se darán a coñecer os djs que formarán parte do cartel desta nova edición, que volverá apostar pola música como eixo central da celebración e pola participación de artistas locais.

Na edición anterior, a festa contou coa actuación da charanga Louband e coa participación de varios djs da zona, como DJ Fa, DJ Michel, DJ Adri e DJ Mavilo, ademais da presenza do DJ convidado Dani Daniel, procedente de Valencia. Con esta continuidade, a organización busca consolidar un evento pensado para a xuventude e para dinamizar a vida social do municipio no inicio do verán.

0.11555314064026