A sala Manuel María de Quiroga expón as obras pictóricas dos máis cativos
RibeiraSacraXa
A sala de exposicións, Manuel María, da casa de cultura, alberga este 23 de xuño ás 19.00 da tarde unha nova exposición de pintura
23 Jun 2022
A sala de exposicións Manuel María, da casa de cultura, alberga este 23 de xuño ás 19.00 da tarde unha nova exposición de pintura. "Trátase da exposición das obras pictóricas realizadas polos nenos e nenas que durante este curso acudiron ás clases impartidas por Sara Iglesia", informan desde o Concello Quiroga.
A exposición ábrese ao público este serán e nela poderanse contemplar os proxectos realizados polos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 a 12 anos, "realizados maioritariamente con pintura acrílica, aínda que tamén se poden ver cadros pintados a óleo".
Esta mostra ensinará máis de cen traballos e estará aberta ata finais deste mes de xuño.