A promesa do bádminton, Álvaro Gómez, campión galego Sub-13

Álvaro Gómez proclamouse esta fin de semana campión galego de bádminton na categoría Sub-13 e segundo na modalidade de dobres mixtos no XLI Campeonato Gallego Sub 13 de Bádminton celebrado no Pavillón da Escola Rosalía de Castro en Bembrive, en Vigo.
Gómez, con raíces no concello de Sober, onde reside parte da súa familia, acumula na súa traxectoria títulos como o de dobre campión de España de bádminton na categoría Sub-11, afianzándose como una das promesas do bádminton galego.