A primeira Festa do Cocido e Mostra de Artesanía do Concello de Carballedo foi todo un éxito

RibeiraSacraXa
Centos de persoas desfrutaron esta fin de semana da primeira Festa do Cocido de Carballedo e a primeira Mostra de Artesanía do Concello, acollendo diversas actividades para a degustación do porco celta e para o coñecemento dos labores artesanais.
Festa do Cocido Carballedo
26 Feb 2024

Centos de persoas desfrutaron esta fin de semana da primeira Festa do Cocido de Carballedo e a primeira Mostra de Artesanía do Concello, acollendo diversas actividades para a degustación do porco celta e para o coñecemento dos labores artesanais.

Así, as persoas que se achegaron puideron desfrutar de charlas sobre o mel e sobre o porco celta, podendo saborear este produto típico galego, así como compartir tempo cos seus veciños e veciñas.

Ademais, tamén houbo  obradoiros de cestairas para nenos e maiores e contouse coa Charanga Unión Phenosa, que amenizou a xornada e a sesión vermú coa súa música.

0.14468598365784