A primeira Festa de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel será o 13 de maio

RibeiraSacraXa
A primeira Festa de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel será o 13 de maio e haberá actividades
Asociación comerciantes xeoparque do Courel
Asociación comerciantes xeoparque do Courel
30 abr 2023

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organiza o vindeiro 13 de maio a súa primeira Festa de Empresarios e Comerciantes.

A partir das 18.00 horas as persoas interesadas en participar poderán achegarse a desfrutar de actividades para nenos como son a pintacaras e a cata de aromas, e para os adultos como son a cata de aromas e a cata de viños, aínda que haberá pancetada e biscoito para toda a familia.

Julio Ferrín e Michef encargaranse de amenizar a xornada con música.

Festa de comerciantes montañas do courel