A primeira feira de oportunidades terá lugar en Ribas de Sil en marzo

RibeiraSacraXa
A primeira feira de oportunidades terá lugar en Ribas de Sil en marzo e porá a disposición dos asistentes produtos de todo tipo
Feira de oportunidades Asociación empresarios comerciantes Courel
Feira de oportunidades Asociación empresarios comerciantes Courel
20 feb 2023

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organiza a primeira feira de oportunidades en Ribas de Sil.

Terá lugar os vindeiros 11 e 12 de marzo no pavillón San Clodio do municipio e nel haberá ofertas dos diferentes sectores comerciais, como pequeno electrdoméstico, ropa e calzado, coidado persoal, produtos típicos da zona, agricultura, artesanía e xoiaría.

Desde a asociación din que "arrancamos con moita ilusión e con ganas de que os asistentes poidan desfrutar de todas as ofertas disponibles".

O pavillón estará aberto ao público desde as 11.00 horas ata as 20.00 horas, tanto o sábado como o domingo.