A poeta bovedense Yolanda Alcas participará na final estatal de Slam Poetry

RibeiraSacraXa
A escritora conseguiu a clasificación tras competir no campionato de Cartagena, ao que chegou despois de ser finalista no Bóveda Slam Poetry
yolanda-alcas-boveda-slam-poetry
1 Oct 2026

A poeta bovedense Yolanda Álvarez, coñecida artisticamente como Yolanda Alcas, participará na gran final do Campionato Estatal de Slam Poetry España tras conseguir a clasificación no circuíto de competicións desta disciplina.

A escritora logrou o pase tras participar no Campionato de Slam Poetry de Cartagena, ao que chegou despois de ser finalista no Bóveda Slam Poetry e conseguir o Caderno de Ouro.

Ademais da súa actividade como poeta, Yolanda Álvarez desenvolve tamén a súa faceta como escritora e conta con varios contos infantís publicados. Entre eles atópanse ‘Zapato e Bota’, ‘O misterio do tulipán’ e ‘Pedro e o vagalume’.

A súa participación na final estatal supón un novo paso na súa traxectoria dentro do slam poetry, modalidade de poesía oral na que as autoras e autores presentan os seus textos ante o público.

0.14257287979126