A Pobra do Brollón presenta o programa completo da XI Feira Guímara

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
O evento inclúe a representación da Revolta Guímara, pregón do historiador Manuel Leiras, música en directo, xogos populares, espectáculos infantís e máis de 20 postos de artesanía e produto local
feira-guimara-2025
1 Jul 2026

A Pobra do Brollón acollerá o sábado 11 de xullo a XI edición da Feira Guímara, unha xornada que combinará cultura, historia, música e actividades para todos os públicos.

O programa inclúe a representación da lendaria Revolta Guímara, así como o pregón a cargo do historiador Manuel Leiras. Ao longo do día haberá tamén música en directo con The Tetas' Van e DJ Vizcaíno, ademais de xogos populares, un espectáculo infantil a cargo de A Cova das Letras, demostración de oficios tradicionais e máis de 20 postos de artesanía e produto local.

A organización sinala que durante a feira haberá mesas de uso libre para o xantar de romaría. As persoas asistentes poderán levar o seu propio pícnic ou ben mercar comida nos postos de polbo e outros produtos de alimentación dispoñibles no recinto.

PROGRAMA COMPLETO DA XI FEIRA GUÍMARA

0.13213396072388