A Pobra do Brollón organiza unha ruta micolóxica o 15 de novembro

RibeiraSacraXa
A actividade permitirá coñecer de preto o mundo dos cogomelos, con prazas limitadas e reserva previa na biblioteca municipal
cogomelos-micoloxia
4 Nov 2026

A Pobra do Brollón organiza para o vindeiro domingo 15 de novembro unha actividade adicada ao mundo dos cogomelos, na que as persoas participantes poderán afondar no coñecemento das distintas especies da man de Carlos Pérez, encargado de guiar a xornada.

A proposta, pensada para achegar a micoloxía a veciños e visitantes, conta cun número limitado de prazas, polo que quen estea interesado en participar deberá formalizar a súa inscrición con antelación.

O prazo para apuntarse permanecerá aberto ata o mércores 11 de novembro. As inscricións poderán realizarse na Biblioteca municipal, situada na segunda planta da Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Para máis información ou para xestionar a reserva, habilitouse o teléfono 982 430 546.

0.18294715881348