A Pobra do Brollón e Quiroga contarán este verán co programa Campo de Voluntariado

RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón e Quiroga contarán este verán en agosto co programa Campo de Voluntariado da Xunta de Galicia
Castro San Lourenzo voluntariado A Pobra Brollon
Castro San Lourenzo voluntariado A Pobra Brollon
20 abr 2023

O Concello de Quiroga e o Concello da Pobra do Brollón volverán a contar este verán co programa da Xunta de Galicia, o Campo de Voluntariado.

O Campo de Voluntariado da Pobra do Brollón desenvolverase do 1 ao 12 de agosto e o de Quiroga entre o 28 de agosto e o 8 de setembro en Pena Furada.

Estes campamentos teñen a finalidade de favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria nestes traballos.

Campo de Voluntariado en Pena Furada

Nesta ocasión, centrarase en Pena Furada co obxectivo de recuperar este ben patrimonial, un túnel escavado polos romanos para conducir auga a varias minas de ouro, moi presentes na zona.

Ademais de facer un desbroce e limpeza por medio de ferramentas adecuadas para crear unha ruta de acceso a este enclave e limpar e sinalizar o entorno.

O vindeiro martes 18 de abril ábrese o prazo para que os mozos interesados se inscriban neste campo de traballo voluntario.

Nos últimos anos os participantes nesta actividade da Consellería de Política Social a través de Xuventude e Voluntariado realizaron traballos de acondicionamento nas fervenzas da Pedriña e do Pombar, así como no castro de Penadominga.

Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.