A Pobra do Brollón convoca un concurso de carteis para anunciar a XI Feira Guímara

O Concello da Pobra do Brollón vén de abrir a convocatoria do 2º Concurso de carteis da Feira Guímara, co obxectivo de elixir a imaxe que anunciará a XI edición deste evento histórico e cultural.
O prazo de participación permanecerá activo ata o 12 de xuño. A proposta seleccionada servirá como cartel oficial da feira, unha peza clave nas accións de difusión e comunicación do evento.
A Feira Guímara celebrarase o 11 de xullo e conmemora a revolta da veciñanza da Pobra do Brollón contra as inxustizas do Conde de Lemos en época medieval.
O cartel gañador recibirá un premio de 200 euros, segundo recollen as bases do certame, que busca implicar á cidadanía na difusión desta celebración de carácter histórico e participativo.