A Pobra do Brollón celebra esta fin de semana a cuarta edición do Festival de improvisación oral Brindadeira 

RibeiraSacraXa
Ferreiros acollerá un programa con cinema, música, obradoiros, xogos e unha cata popular de tortillas arredor da tradición dos brindos
festival-brindadeiraa-a-pobra-do-brollon
13 Jul 2026

O Festival de improvisación oral Brindadeira celebrará a súa cuarta edición os días 18 e 19 de xullo no Local Social e no campo da festa de Ferreiros, na Pobra do Brollón, cun programa que combinará actividades culturais, musicais e participativas para todas as idades.

A programación arrancará o sábado 18 de xullo ás 18.30 horas coa proxección do documental Ao son da Nova Regueifa, seguida dun coloquio. Esta actividade forma parte do ciclo Mestre Mateo.

Ás 20.00 horas desenvolverase un obradoiro de brindos aberto a persoas de todas as idades e para o que non será necesario realizar inscrición previa. A xornada continuará ás 21.00 horas co concerto do grupo A Voz das Mouras e rematará ás 22.30 horas coa sesión musical de A Sincereza DJ.

O domingo 19 de xullo o festival retomará a súa actividade ás 11.30 horas coa celebración das Brind'Olimpiadas, unha proposta de xogos arredor da improvisación oral.

Como peche da programación, ás 13.00 horas terá lugar a II Cata de Tortillas Brindadeira, unha actividade na que as persoas asistentes poderán achegar a súa propia tortilla para compartila e participar nunha degustación colectiva.

0.13324999809265