A Pobra do Brollón acollerá un curso de primeiros auxilios impartido por Cruz Vermella

Cruz Vermella impartirá un curso de primeiros auxilios o sábado 13 de xuño, no horario de 15:30 a 20:30 horas, nunha actividade formativa aberta á cidadanía.
A iniciativa conta con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poderán anotarse ata o 9 de xuño na Biblioteca municipal, tamén a través do teléfono 982 430 546.
O curso ten como obxectivo ofrecer formación básica en primeiros auxilios, contribuíndo a mellorar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia no ámbito cotián.