A Pobra do Brollón acollerá este venres a presentación do libro 'Ciudad de la Selva'

A Pobra do Brollón acollerá este venres, 15 de novembro, a presentación do libro 'Ciudad de la Selva: historia e arqueoloxía da guerrilla nos Montes de Casaio'.
A presentación terá lugar ás 18.00 horas na Pensión As Viñas e contará coa presenza dos seus autores, Carlos Tejerizo e Alejandro Rodríguez. Ademáis, tamén participarán o editor, Francisco Macías, a poeta Olga Novo e o arqueólogo Xurxo Ayán.