A Pobra do Brollón acolle este venres un concerto solidario de Tanto Nos Ten

RibeiraSacraXa
A “música tradicional furtiva” de Tanto Nos chegará á Pobra do Brollón en forma dun concerto solidario este xoves 29 de decembro ás 20.
28 dic 2022

A “música tradicional furtiva” de Tanto Nos chegará á Pobra do Brollón en forma dun concerto solidario este xoves 29 de decembro ás 20.15 horas.

A actuación, que terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, será entrada solidaria a través da doazón dun quilo de produtos non perecedoiros (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz...) para o banco de alimentos da Pobra do Brollón, que se entregarán na porta do concerto.

Tanto Nos Ten emprega músicas propias e do saber popular, con letras retranqueiras e comprometidas, nun repertorio que o grupo define como “música tradicional furtiva”.
Será un concerto moi animado e festeiro no que se tocarán pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables.

Dende a organización, anímase aos asistentes a levar instrumentos para facer foliada ao remate do concerto.

Ademais do concerto, esta semana Concello da Pobra do Brollón organiza unha festa karaoke para celebrar fin de ano, tamén na Casa da Cultura a partir da 01.00 da madrugada do día 1, con música para todos os gustos e idades. O acceso é libre e haberá barra.