A Pobra de Trives levará ao aire libre a proxección de 'Sirât' este xoves na Praza do Reloxo

RibeiraSacraXa
A película de Óliver Laxe, distinguida en Cannes e candidata española aos Oscar, poderá verse esta noite ás 22.30 horas
Sirat-Oliver-Laxe
23 Jul 2026

A Praza do Reloxo da Pobra de Trives converterase este xoves, 23 de xullo, nunha sala de cine ao aire libre coa proxección de Sirât, unha das películas máis destacadas do panorama cinematográfico recente.

A sesión comezará ás 22.30 horas e permitirá ao público desfrutar baixo as estrelas da última longametraxe do director galego Óliver Laxe, que tamén asina o guión xunto a Santiago Fillol.

Protagonizada por Sergi López e Bruno Núñez, a película relata a viaxe dun pai e do seu fillo pequeno a Marrocos na procura da filla desaparecida durante unha festa rave no deserto do Sáhara Occidental.

Sirât estreouse mundialmente no Festival Internacional de Cine de Cannes de 2025, onde foi recoñecida co Premio do Xurado. Posteriormente chegou ás salas españolas en xuño dese mesmo ano.

A cinta foi tamén a escollida pola Academia de Cine para representar a España na categoría de Mellor Película Internacional nos Premios Oscar de 2026 e obtivo dúas candidaturas na gala da Academia de Hollywood, nas categorías de Mellor Película Internacional e Mellor Son.

Con esta proxección, a Pobra de Trives suma unha nova proposta á súa programación estival de actividades culturais ao aire libre.

0.13522005081177