A Pobra de Trives celebrará este venres un encontro co sector gandeiro do municipio

RibeiraSacraXa
A reunión permitirá compartir propostas, abordar as necesidades dos profesionais e falar sobre o futuro da gandería no rural de Trives
reunion-gandeiros-trives
19 Aug 2026

O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollerá este venres, 21 de agosto, ás 20.00 horas, un encontro co sector gandeiro do municipio.

Na reunión estará presente o concelleiro de Medio Rural e tenente de alcaldesa, nunha cita destinada a compartir propostas co sector, trasladar as necesidades que afectan á actividade gandeira e abordar o futuro da gandería no municipio.

O encontro pretende servir tamén como un espazo para escoitar as persoas que desenvolven diariamente o seu traballo no ámbito gandeiro e contribúen ao mantemento do rural de Trives.

A cita terá lugar o 21 de agosto, ás 20.00 horas, no Auditorio Julio Vázquez.

0.14335989952087