A Pobra de Trives celebrará as festas de San Bartolomé do 22 ao 24 de agosto

A Pobra de Trives prepárase para celebrar as festas de San Bartolomé do 22 ao 24 de agosto cun programa que combinará música, actividades infantís e propostas para todas as idades
A programación comezará o sábado 22 de agosto cunha sesión vermú amenizada pola Charanga El Tattoo e unha discomóbil CDC na rúa San Martiño.
O domingo 23, a sesión vermú correrá a cargo da Charanga Terras do Bibey. Pola noite, ás 21.30 horas, a rúa San Martiño acollerá o concerto de Roi Casal.
A xornada do domingo tamén contará cunha actividade dirixida aos máis pequenos. San Bartoliño celebrarase ás 17.00 horas na Praza de Abastos.
O luns 24, a programación continuará pola tarde con actividades organizadas polo Concello de A Pobra de Trives e a Ludoteca Móbil, que incluirán polvos Holi, inchables, festa da escuma e xogos desenchufables.
A xornada festiva concluirá ás 21.30 horas cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panamá.