A Pobra de Trives celebra este sábado a 53ª Festa da Bica

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
A cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, reunirá gastronomía, música tradicional e artesanía na Praza do Reloxo, cun menú popular protagonizado pola bica trivesa
xantar-festa-da-bica-trives
23 Jul 2026

A Pobra de Trives acollerá este sábado, 25 de xullo, unha nova edición da Festa da Bica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e unha das celebracións gastronómicas máis emblemáticas da comarca. A xornada desenvolverase na Praza do Reloxo, onde veciñanza e visitantes compartirán unha programación que combinará gastronomía, música e tradición.

O xantar popular ofrecerá un menú composto por salpicón de marisco, polbo á feira, empanada, tenreira asada e a tradicional bica de Trives, principal protagonista da celebración.

A programación estará amenizada polas actuacións de Son do Sil Acústico e da Banda de Gaitas Os Trintas. Ademais, durante a xornada celebrarase a segunda Mostra de Palilleiras de Trives, unha iniciativa dedicada á promoción da artesanía tradicional.

As entradas para participar no xantar popular teñen un prezo de 25 euros para o público xeral, 15 euros para as persoas maiores de 65 anos e 10 euros para os menores de 12 anos. Os tíckets poden adquirirse de forma anticipada na Casa do Concello e na Oficina de Turismo da Pobra de Trives.

0.096240997314453