A Pladesapu denuncia que as citas en Atención Primaria demóranse máis de 3 ou 4 días

RibeiraSacraXa
A Pladesapu denuncia que as citas en Atención Primaria demóranse máis de 3 ou 4 días, como dixo o xerente da área sanitaria de Monforte
pladesapu Monforte
pladesapu Monforte
28 feb 2023

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte denuncia que o xerente da área sanitaria de Monforte, que estivo reunido hai uns días con diversos representantes políticos, minte.

Desde a Pladesapu explican que o xerente dixo nesa reunión que os días de espera en Atención Primaria na área de Monforte non eran de máis de tres ou catro días e desde a Plataforma argumentan que "ou minte deliberadamente ou simplemente ten un descoñecemento total do que ocorre na zona".

Para isto, o grupo xerou nas redes sociais un chamamento á poboación para que mandara capturas de pantalla que demostrasen que a cita en Atención Primaria e na área sanitaria de Monforte é de máis de 3 ou 4 días.

Así, varios usuarios mandaron capturas de pantalla confirmando que para pedir unha cita debían esperar entre 10 e 15 días.