A piscina municipal do Saviñao abre as súas portas até o 31 de agosto

O Concello do Saviñao abre hoxe, mércores 1 de xullo, a piscina municipal, que permanecerá en funcionamento ata o 31 de agosto. A xornada de apertura contará con entrada gratuíta durante o primeiro día.
A instalación municipal terá un horario de apertura de 15:00 a 21:00 horas ao longo da tempada estival.
En canto aos prezos das entradas, establécese a gratuidade para menores de 3 anos, mentres que a entrada infantil, para idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, será de 1 euro. Para persoas adultas, a partir dos 15 anos, o prezo será de 2 euros. Ademais, os bonos estarán dispoñibles para a súa adquisición no propio concello.
O Concello tamén informa da posta en marcha dun curso de natación, que se desenvolverá os luns para menores no horario de 13:00 a 14:00 horas.