A parroquia de Vilamor acolle o San Vicente 2024, no que se homenaxeará á Banda do Incio a da Raxoá

RibeiraSacraXa

O vindeiro 20 de xaneiro celébrase na parroquia de Vilamor de Folgoso do Courel o San Vicente 2024 cunha homenaxe á banda do Incio e aos músicos da Raxoá.

5 ene 2024

O vindeiro 20 de xaneiro celébrase na parroquia de Vilamor de Folgoso do Courel o San Vicente 2024 cunha homenaxe á banda do Incio e aos músicos da Raxoá.

A iniciativa, organizada pola Asociación Sociocultural O Quintairo de Vilarmos xunto coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Asociación Fonte do Milagro, acollerá diferentes actividades.

Así, todo comezará ás 13.00 horas do día 20 coa misa solemne para logo pasar á sesión vermú ás 14.00 horas. nestas dúas actividades actuará o grupo de música tradicional Cantores do Courel.

Xa ás 16.00 horas será o pregón da festa a cargo da cantante Uxía Senlle e ás 16.30 horas haberá un campionato de chia-lo eixe no que os participantes deberán percorrer a aldea empurrando rodas e eixos de carros do país.

Por último, ás 18.00 horas terá lugar a homenaxe aos músicos da Banda do Incio e da Raxoa, que virá acompañado dunha demostración do baile do Esparabán e a Carballesa enriba do estrume de toxos.

Para finalizar, haberá unha foliada libre ata que o corpo aguante e haberá pizzas e máis comida na Cova da Moura. Ademais, indican aos asistentes que deben levar zocos e roupa de época.