A oitava edición da Feira Guímara da Pobra do Brollón acolleu diferentes actividades conmemorativas

RibeiraSacraXa
A oitava edición da Feira Guímara da Pobra do Brollón acolleu diferentes actividades conmemorativas da revolta do pobo
Feira Guímara 2023 (1)
Feira Guímara 2023 (1)
12 Xul 2023

Esta fin de semana, A Pobra do Brollón acolleu a oitava edición da súa Feira Guímara, que conmemora a revolta popular do pobo da Pobra do Brollón, que se opuxo a pagar tributos ilexítimos ao Conde de Lemos.

Durante o evento, houbo diferentes e diversas actividades, así como actos, como o do pregón, que foi unha forte homenaxe a ese espírito guímaro de afouteza e rebeldía, empezando cunha lectura dramatizada cargada de emoción e de humor, a cargo da actriz e bailadora Merche Pérez e o escritor Manuel Ayán.

Deseguido, os nenos e nenas do obradoiro de teatro con Merche Pérez fixeron unha representación escénica de 'O Piñeiro Máxico'.

Os actos remataron coa tradicional Revolta Guímara representando a loita entre o pobo guímaro e o Conde de Lemos, coa implicación dun gran número de veciños de todas as idades idades.

Despois, os Ministreles do Burgo deron paso á sesión vermú e despois do descanso para xantar entre as árbores do campo da feira, continuaron as actividades programadas.

Primeiro, foi o campionato de xogos populares, con gran participación de público e á noite, Airiños da Freba e Rastreros puxeron a todo o mundo a bailar e brincar.

0.20731401443481