A obra 'Galegas nas artes' preséntase esta tarde no Ateneo Casino de Monforte

RibeiraSacraXa
A obra 'Galegas nas artes' preséntase esta tarde no Ateneo Casino de Monforte coa participación da autora e editora
Galegas nas artes presentacion
Galegas nas artes presentacion
16 Xuño 2023

O Ateneo Casino de Monforte acolle esta tarde ás 20.00 horas a presentación ‘Galegas nas artes’, unha obra editada por Belagua Ediciones.

O evento, organizado pola Librería Agrasar, contará coa participación da autora do libro, Isabel Blanco, e da editora do mesmo, Edurne Baines.

Esta obra é un percorrido polas rutas biográficas de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais: fotógrafas, pintoras e escultoras -nadas entre o final do século XIX e a metade do século XX-, que se internaron no eido das artes coa forza do seu talento e os eu espírito de liberdade.

0.14868092536926