A obra de teatro Insubmisión aterra en Monforte
A obra de teatro da compañía Teatro do Andamio, Insubmisión, chega a Monforte de Lemos o xoves 2 de decembro a partir das 20.15 horas. Insubmisión fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella.
O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explícitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente... A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario.
A segunda é que Insumisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza. plantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída: é posible facer as maletas e pechar a porta.
Así pois, a obra realizarase seguindo todas as medidas sanitarias correspondentes no edificio multiusos de Monforte.