A obra 'As malas mulleres' será presentada pola propia autora, Marilar Aleixandre, na Librería Agrasar

RibeiraSacraXa
A obra 'As malas mulleres', Marilar Aleixandre, será presentada pola propia autora na Librería Agrasar de Monforte
As malas mulleres
As malas mulleres
9 Maio 2023

O vindeiro mércores ás 18.30 horas Marilar Aleixandre presentará o seu libro 'As malas mulleres' na Librería Agrasar de Monforte, polo que lle outorgaron o Premio Nacional de Literatura.

Marilar Aleixandre estará presente para compartir detalles sobre o seu proceso creativo e sobre as ideas que inspiraron esta obra tan especial. Ademais, estará acompañada da escritora Olga Novo, que tamén obtivo o premio nacional de poesía no ano 2020 pola súa obra "Feliz Idade".

As persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán facelo de balde ata completar aforo.

As malas mulleres Monforte
0.18770003318787