A Mostra do Aceite de Quiroga contará con gastronomía, música tradicional e recreacións

RibeiraSacraXa

A Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o domingo 21 de abril no lugar das Farrapas, en Bendilló, xa ten pechado o programa e a recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais da festa.

10 abr 2024

A novidade desta edición será a degustación comentada dos aceites de Quiroga na Capela das Farrapas, que terá prazas limitadas e soamente se precisa anotarse antes do seu inicio no mesmo lugar de celebración. Para facilitar o maior número posible de participantes celebraranse dúas quendas, unha ás doce do mediodía e a outra a unha.

Tampouco faltará a música tradicional nesta xornada que virá da man do grupo de gaitas de Quiroga, O Recanto, e do grupo Merenzao, que virá da man do programa Tradigalu, da área de cultura da Deputación Rovincial.

Sete son os olivicultores que participarán na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento.