A Mesa convoca unha concentración en Monforte polo Día das Letras Galegas

RibeiraSacraXa
A Mesa convoca unha concentración en Monforte polo Día das Letras Galegas no que haberá distintos actos pola lingua
concentracion Día das Letras Galegas
concentracion Día das Letras Galegas
15 Maio 2023

A delegación da MESA Pola Normalización Lingüística no sur de Lugo convoca unha concentración en Monforte de Lemos para celebrar o Día das Letras Galegas para "apoiar o noso idioma" que terá lugar na Praza de España de Monforte o 17 de maio ás 12.00 horas.

Así, durante o acto, ademais da concentración de entidades e particulares, o Grupo Tradicional acompañará a iniciativa, así como haberá unha lectura de poemas en galego a cargo da poeta de Pantón, Andrea López Otero, 3º Premio de poesía do certame Lingua para namorar 2023 na categoría B de 20 a 35 anos.

Ademais diso, ás 12.15 horas, a escritora de Sober, Moncha Prieto, autora do libro 'Alma de barro: Relatos da Ribeira Sacra', será a encargada de ler o manifesto. E, por último, terá lugar a interpretación e canto do Himno de Galicia como despedida do acto.

0.1865119934082