O 6 de xullo celebrarase a IX Feira Guímara da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Como cada ano, tras o pregón, que este ano será a cargo do escritor Carlos Dacal, terá lugar a representación da Revolta Guímara
Feira-Guímara-2023-(1)
29 Jun 2024

O Concello da Pobra do Brollón organiza a IX Feira Guímara, que se celebrará o vindeiro sábado, 6 de xullo, no municipio coa colaboración da Deputación de Lugo.

Así, o programa comezará a partir das 12.00 horas co pregón a cargo de Carlos Rodríguez Dacal, autor do libro ‘Árbores simbólicas pobrenses’. Despois, terá lugar a tradicional representación da Revolta Guímara e, a continuación, chegará o vermú con Airiños da Mioteira.

Ao mediodía terá lugar o xantar de romaría, no que cada persoa levará a súa propia comida e haberá mesas de uso libre con postos de viño e comida, así como haberá paramesas musical. Ademais, haberá concurso de estandartes e postos de artesanía.

Xa pola tarde terán lugar os campionatos de xogos populares como a chave, o ra e o tira-soga ata que cheguen as 21.00 horas, momento no que terán lugar os concertos de Fanfarria, Taquikardia e Radio Océano.

0.066164016723633