A IV edición do Obradoiro Brindos Guímaros terá lugar este sábado na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A IV edición do Obradoiro Brindos Guímaros terá lugar este sábado na Pobra do Brollón
Brindos guímaros 2
Brindos guímaros 2
30 may 2023

O vindeiro sábado, 3 de xuño, celebrarase na Pobra do Brollón a IV edición do Obradoiro Brindos Guímaros.

Nesta ocasión, o grupo Erre que Erre será o encargado de levar a cabo esta actividade no Furancho O Currio en Trasmonte, en Vilachá.

Brindos Guímaros

O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón así como doutras zonas da montaña lucense e mesmo do Bierzo.

Tradicionalmente asóciase ás vodas, e as súas estrofas improvisadas usábanse polo xeral para o eloxio ou a homenaxe. Nos obradoiros de brindo búscase respectar a esencia e estrutura, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso.

Nos obradoiros búscase respectar a esencia e estrutura do brindo, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso. Así, o obxectivo final é crear un grupo de persoas que estean interesadas no brindo e que o fagan en momentos públicos.

cuarto obradoiro brindos guímaros