A IV Andaina Solidaria Chantada contra o cancro terá lugar o 20 de outubro

RibeiraSacraXa
As persoas participantes poden escoller participar en dúas das rutas propostas: unha curta de 5 km de dificultade baixa, e outra longa de 11 km de dificultade media
andaina-solidaria-contra-o-cancro-Chantada
2 Out 2024

Adegas Condado de Sequeiras e Chantada contra o cancro organizan a IV Andaina Solidaria Chantada contra o cancro que se desenvolverá o vindeiro domingo 20 de outubro.

Ás 10.00 horas comezará todo, sendo a saída de autobuses dende a Praza Galicia ás 9.15 horas. Mentres, a entrega de merchandising será o 19 de outubro de 18.00 a 20.00 horas e o propio día 20 de 8.00 a 9.15 horas no Auditorio de Chantada.

As persoas participantes, que xa se poden apuntar, poden escoller participar en dúas das rutas propostas: unha curta de 5 km de dificultade baixa, e outra longa de 11 km de dificultade media. Para participar, deberán pagar 5 euros de inscrición.

0.15888214111328