A ITV agrícola fará revisións na Pobra do Brollón en abril

RibeiraSacraXa
A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas fará revisións a principios de abril na Pobra do Brollón.
itv agricola
itv agricola
26 mar 2023

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas fará revisións a principios de abril na Pobra do Brollón. Será os días 26 e 27 de abril.

O horario será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas e estará situada na pista que vai ao campo de fútbol.

As persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas no municipio poden solicitar xa cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.